Novas

16/06/2016 

A Fegamp aprobou abrir unha liña de colaboración coa Fundación Inade, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á transmisión de coñecemento en materia de xestión do risco e os seguros.

16/06/2016 

A sede da Fegamp acolleu a Comisión Institucional do Pacto Local da Auga, na que foi a primeira xuntanza celebrada durante o presente mandato.

24/05/2016 

A Fegamp e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración que vai permitir que os concellos que o demanden poidan recibir o asesoramento preciso sobre os cambios nas valoracións catastrais realizadas polo Ministerio de Facenda.

19/05/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias conmemorou as Letras Galegas deste ano, que homenaxean ao poeta chairego Manuel María, celebrando a súa Comisión Executiva en Outeiro de Rei.

11/05/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Xunta de Galicia asinaron hoxe un acordo marco que vai regular o financiamento dos centros de día e escolas infantís que formen parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

20/04/2016 

A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias deu luz verde por unanimidade á sinatura dun acordo marco sobre os centros de día e as escolas infantís incluídas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

13/04/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias recibiu hoxe da man da Consellería de Política Social o documento de traballo para a configuración da nova Axenda Social de Galicia.

07/04/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias constituíu hoxe a Comisión de Análise para o estudo e proposta de medidas de cara á reforma da normativa que rexe as Facendas Locais.

30/03/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio co obxectivo de mellorar os puntos limpos  nos que se efectúa a recollida de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).

18/03/2016 

O Consello Económico e Social de Galicia acolleu a primeira xuntanza de 2016 relativa a aclarar as tarefas de prevención e extinción dos incendios forestais por parte dos efectivos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipiais de Galicia.Os asistentes puxeron en común un listado de actuacións que deb

Páxinas