Os concellos poderán agora dar licenza en obras menores e bens que son patrimonio cultural das súas contornas exceptuando os Bens de Interese Cultural (BIC), os do ámbito territorial do Camiño de Santiago, os que son propiedade da igrexa católica e tamén os que de forma expresa salvagarde a D
Axenda Fegamp
A través do convenio de colaboración asinado entre a Fegamp, Vicepresidencia e a Consellería de Sanidade, subvenciónanse os gastos que tiveron ao longo de 2017 os 13 concellos da nosa Comunidade que contan cunha Unidade Asistencial de Drogodependencia.
O mércores 15 de novembro levouse a cabo a reunión da Comisión Executiva da Fegamp correspondente ao mes de Novembro.
A Federación Galega de Municipios e Provincias reuniuse esta mañá na Consellería de Medio Rural para coñecer as emendas propostas na Lei de Acompañamento aos orzamentos de 2018 para abordar a posta en marcha de medidas de prevención dos incendios.
O presidente da Fegamp, Alfredo García, asinaba coa Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, a renovación do acordo de colaboración para impulsar a Rede de Entidades locais contra a violencia de xénero á que pertencen 178 Entidades Locais Galegas.
- O evento desenvolverase o xoves 9 de novembro a partir das 11 horas na Cidade da Cultura, con actuacións musicais, contos e lectura de poemas
Na sesión de coordinación da mesa polas emerxencias tamén se trataron cuestións relacionadas coa vaga de lumes.
Reunión do presidente da Fegamp, Alfredo García, co Director Xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-ARes, e o subdirector Xeral de Programas de Control de riscos ambientais para a saúde. Ángel Gómez Armorín.
Representantes da xunta de Voceiros da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) reuníanse o martes 24 de coutubro co Executivo central e a Xunta na Delegación do Goberno en A Coruña para tratar de coordinar a batería de axudas ás que poderán acceder os afectados polos incendios
Esta mañá o presidente da Fegamp, Alfredo García, xunto co alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, participaron na mesa de coordinación de acciones técnicas post-incendios convocada con urxencia pola Xunta.

Sede Electrónica