Axenda Fegamp

14/06/2017

Esta mañá a Xunta de Voceiros da Fegamp reuníase para a súa convocatoria ordinaria do mes de xuño.

31/05/2017

Reunión mantida con Alfredo García, presidente da Fegamp por parte de Rafael García, presidente de MUSOL, e Mª Teresa Carballeira, secretaria executiva do Grupo Compostela Universidades, para a presentación do Pacto de Alcaldes polo Medio Ambiente e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible #ODS

31/05/2017

Esta mañá celebrábase na Fegamp unha nova reunión de traballo en prol do Pacto Local da Auga para avanzar traballo de cara os obxectivos marcados na Comisión Galega de Cooperación Local.

31/05/2017

Esta mañá o presidente da Fegamp, Alfredo García, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral da Administración Local, Marta Fernández Tapias, para dar conta do traballo feito respecto aos acordos tomados na Comision Galega de Cooperación Local.

10/05/2017

Reunión mensual da Xunta de Voceiros correspondente o mes de maio de 2017 na que se falarán dos temas de actualidade da federación.

02/05/2017

O presidente da Fegamp, Alfredo García, reuniuse esta mañá co Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez e o Xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera e a Presidenta da Comisión Técnica do Pacto Local da Auga, Pilar Arias, para avanzar no Pacto Local da Auga.

10/04/2017

A Federación Galega de Municipios e Provincias presentou hoxe as 100 medidas necesarias para garantir un trato xusto co territorio galego e especialmente o recoñecemento do papel dos gobernos locais.

Páxinas