Axenda Fegamp
A sede da Fegamp acolleu a constitución da Comisión Técnica de Traballo Xunta-Fegamp-Sector empresarial da madeira, que se encargará da elaboración da futura ordenanza-tipo que regule as actividades de corte e saca de madeira a través das pistas e camiños de propiedade municipal.
A Federación Galega de Municipios e Provincias acordou coa Consellería do Medio Rural e a Confederación de Empresarios de Madeira de Galicia (Confemadera) a creación dunha ordenanza-tipo que regule as actividades de corte e saca de madeira a través das pistas e camiños de propiedade municipal.
A Federación Galega de Municipios e Provincias súmase á celebración do Día do Orgullo LGTBI, amosando a súa defensa e total compromiso coa igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns, sexa cal for a súa orientación e identidade de xénero, afectiva e/ou sexual.
A Fegamp celebra a súa Comisión Executiva correspondente ao mes de xuño.
A sede da Fegamp acolleu a Comisión Institucional do Pacto Local da Auga, na que foi a primeira xuntanza celebrada durante o presente mandato.
A Fegamp aprobou abrir unha liña de colaboración coa Fundación Inade, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á transmisión de coñecemento en materia de xestión do risco e os seguros.
A Fegamp subscribiu coa Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) a adhesión á nova Axenda Social de Galicia, impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta.
A Xunta de Voceiros da Fegamp celebra a súa reunión correspondente ao mes de xuño.