Axenda Fegamp

02/06/2016

Os voceiros da Fegamp asistiron a unha reunión na Dirección Xeral de Administración Local con responsables da Xunta de Galicia e representantes das catro deputacións provinciais, para abordar as axudas polos temporais do pasado inverno.

01/06/2016

Reunión de traballo na Fegamp da Comisión de Análise que estuda as propostas e demandas de Galicia de cara á reforma da normativa que rexe as Facendas Locais.

31/05/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García e o vicepresidente primeiro, Alfonso Villares, asisten en Madrid ao Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias

25/05/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García e o secretario xeral, Eduardo Ramonde, reciben na sede a responsables de Confemadera Galicia, para abordar as ordenanzas forestais municipais relativas aos aproveitamentos forest

25/05/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, reúnese co director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, para tratar asuntos relativos á formación dos operativos dos GES (Grupos de Emerxencia Supramunicipal).

25/05/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste ao Consello de Administración de Sogama, celebrado nas instalacións da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en San Lázaro (Santiago de Compostela).

23/05/2016

A Fegamp e a Xunta de Galicia asinaron un convenio para que os concellos que o soliciten reciban asesoramento sobre os cambios nas valoracións catastrais realizadas polo Ministerio de Facenda.

23/05/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, reúnese en Lalín co alcalde, Rafael Cuíña, para abrir liñas de traballo coas outras administracións sobre as competencias dos concellos no eido do emprego.

Páxinas