O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibe a Carlos Teijo, director do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC e profesor da facultade de Dereito, para abordar proxectos de colaboración.
Axenda Fegamp
O presidente da Fegamp, Alfredo García reúnese nas instalacións da Xunta de Galicia en San Lázaro coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.
Xuntanza de traballo co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.
O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste ao Consello de Administración de SOGAMA.
O presidente da Fegamp, Alfredo García, asiste xunto co vicepresidente primeiro, Alfonso Villares e o secretario xeral, Eduardo Ramonde, ao Consello Territorial da FEMP celebrado en Madrid.
Os voceiros da Fegamp reúnense coa secretaria xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas e técnicos do seu departamento. Un dos principais asuntos a tratar é a tramitación da Lei do Solo.
Primeira xuntanza dos voceiros da Fegamp 2016.
Xuntanza en Madrid dos secretarios xerais das Federacións Territoriais de Municipios, para preparar o próximo Consello Territorial. Asiste por parte da Fegamp o secretario xeral, Eduardo Ramonde.
Asisten o director xeral de Administración Local, a subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, a directora da Escola Galega de Administración Pública - EGAP, o alcalde de Cervo como representante dos Concellos e o presidente da Fegamp.