Buscador Avanzado

22/02/2016 
A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron en Pontevedra a terceira das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.
18/02/2016 
A Federación Galega de Municipios e Provincias quere expresar o seu máis fondo pesar polo falecemento de Rubén Pérez, edil do grupo municipal socialista no concello ourensán de Piñor. Desde a Fegamp trasladámoslle á súa familia e achegados a nosa solidariedade e apoio.
18/02/2016 
A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron na Coruña a primeira das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.
18/02/2016 
A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron en Lugo a segunda das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.
18/02/2016 
Celebración na Fegamp da III Comisión Executiva, correspondente ao mes de febreiro. Un dos asuntos destacados foi o acordo para solicitar á Xunta e á Delegación do Goberno en Galicia unha liña de axudas para os concellos afectados polos danos do último temporal deste inverno.
12/02/2016 
A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organizaron unhas sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.
11/02/2016 
O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibiu na nosa sede de Santiago de Compostela ao conselleiro de Política Territorial, José Manuel Rey Varela, que deixou a súa sinatura no Libro de Visitas.
10/02/2016 
Reunión da Xunta de Voceiros na Fegamp correspondente ao mes de febreiro.
09/02/2016 
A directora xeral de Puntogal Dominio Galego, Edita de Lorenzo, acudiu á Fegamp para estudar novas ferramentas de promoción co coordinador Raúl Fernández.
08/02/2016 
As bases deste concurso, están expostas no taboleiro do Concello do Carballiño, Área de Igualdade (CIM) e na páxina web http://www.carballino.org  Data límite de entrega e prazo de presentación das fotografías: mércores 3 de marzo de 2016. 

Páxinas