Buscador Avanzado

22/03/2018 
A Fegamp celebrou a súa Comisión Executiva Ordinaria correspondente ao mes de marzo de 2018 en Silleda, con motivo da Feira da Enerxía que se está levando a cabo na localidade desde hoxe e ata a fin de semana.
14/03/2018 
Un total de 30 alcaldes e alcaldesas portugueses/as mantiñan hoxe unha xuntanza na Federación Galega de Municipios e Provincias con unha delegación de cinco alcaldes galegos elixidos polo equipo directivo da Fegamp para dar a coñecer de primeira man as iniciativas que se estaban poñendo en marcha no monte galego para diminuír o risco de incendios. Esta cita foi a última parada dunha rolda de visitas que a delegación lusa realizou en Galicia.
13/03/2018 
XORNADA: O IMPACTO DO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS SOBRE A ACTIVIDADE DOS CONCELLOS E AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
12/03/2018 
O próximo 6 de abril celebrarase en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura de Galicia (EFICIO CINC Auditorio 2) ás Xornadas informativas sobre A Central de Contratación da FEMP.
08/03/2018 
O CPEIG colabora no encontro CIMS Gal 2018, organizado pola Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Cluster TIC Galicia. O evento celebrarase o vindeiro 14 de marzo na Cidade da Cultura.
07/03/2018 
Día 8 de Marzo, día Internacional da Muller.
21/02/2018 
Esta mañá tivo lugar na sede da Fegamp en Santiago de Compostela a presentación da II Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos municipios. A xornada, que terá lugar o próximo 16 de marzo está organizada pola Fegamp xunto coa Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE)  e a Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte de España (FAGDE).  Colaboran tamén na xornada dúas empresas: Gadis e Invernalia.
21/02/2018 
O 21 de febreiro tivo lugar na sede da Fegamp a Comisión Executiva Ordinaria correspondente ao mes de febreiro
21/02/2018 
Esta mañá o presidente da Fegamp, Alfredo García, xunto coa xunta de Voceiros da federación, reuniuse coa Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para falar dos gastos que acarreará as arcas municipais as competencias da Nova Lei de Benestar Animal recentemente aprobada.

Páxinas