07 novembro 2023 - Presentación do piloto de videoasistencia para maiores aos responsables dos Servizos Sociais municipais

Os 13 concellos da provincia de Lugo que conforman o territorio de GDR Montes e Vales Orientáis poderán participar nun proxecto piloto de videoasistencia posto en marcha  para os maiores da montaña lucense.

Responsables de servizos sociais dos concellos de Pol, Baleira, A Pontenova, Fonsagrada, Barralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Meira, As Nogais, Pedrafita e Ribeira de Piquín participaron en Baleira nunha reunión preparatoria para a posta en marcha do piloto de videoasistencia a maiores previsto dentro do proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente, cofinanciado polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico  .

O obxetivo é  paliar a soidade e as necesidades dos maiores a través dunha aplicación deseñada específicamente para o piloto e que será accesible para os usuarios do programa a través dun dispositivo electrónico que tamén se lles facilitará...

Á reunión celebrada hoxe na sede do GDR Montes e Vales Orientais, ubicada na casa do Concello de Baleira, acudiron representantes alcaldes e traballadoras sociais dos departamentos de Servizos Sociais dos respectivos concellos.

Na sesión abordous o perfil base de usuario que poderá usar as novas tecnoloxias para resolver problemas diarios debido o seu aillamento. Durante o próximo mes recolleránse datos de campo para que, xa a principios de 2024, este piloto teña un desenvolvemento efectivo no territorio.  

O proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente aborda o problema de aillamento e de despoboamento do rural a través de varias  actuacións piloto que se están a por en marcha, como esta de videoasistencia ou a actuación de asentamento de novos poboadores.

Mentres que o programa de videoasistencia dará servizo a unhos 40 usuarios que contarán con unha Tablet personalizada na súa casa para que poidan estar en contínuo contacto coas prestacións as persoas que necesiten, a actuación de asentamento de novos poboadores creará un banco de vivienda e realizará actuacións de asesoramento e acompañamento a novos poboadores que se asenten na comarca.

Arquivos: