Data:

O vindeiro martes 1 de xullo ás 19:00 horas no Castelo de Moeche presentaranse os primeiros detalles do piloto de Comunidade Enerxética Rural (CER) que se implantará en Moeche, no marco do proxecto CELRURAL, un proxecto innovador destinado a transformar o modelo enerxético local. O obxectivo principal do encontro coa cidadanía é informar e difundir entre a veciñanza as vantaxes de formar parte dunha comunidade enerxética rural.
Este evento é unha invitación aberta á veciñanza, empresas e outras entidades de Moeche interesadas en explorar novas formas de xestión enerxética, mais sostibles e comunitarias. Participan representantes do Concello de Moeche, da FEGAMP e de ITG, Centro Tecnolóxico Nacional. Tamén asistirán representantes do concello de Xermade, concello seleccionado como piloto o pasado ano 2024 para contar a súa experiencia.
Durante a sesión, os asistentes terán a oportunidade de coñecer en detalle o funcionamento da Comunidade Enerxética e como poden involucrarse nesta proposta.
A xornada incúe un debate sobre o impacto positivo que esta comunidade pode ter non só no ámbito económico, senon tamén na calidade de vida e no medio ambiente.
Este proyecto está cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional – FEDER –Programa de Cooperación INTERREG VI – España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
0081_CEL_RURAL_6_E
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 242.3 KB |