10 de marzo 2026 - Santiago - PROXECTO CELRURAL - Presentación de Guía Metodolóxica - Posibilidades de Comunidade Enerxética Local

Data: 

martes, 10 Marzo, 2026 - 10:00 a 11:00

 

A Guía Metodolóxica de Comunidades Enerxéticas Rurais, é un documento práctico dirixido a administracións locais, cidadanía, entidades sociais e tecido económico do medio rural interesado en impulsar proxectos de enerxía renovable compartida. Elaborada no marco do proxecto europeo CELRURAL financiado con fondos Interreg POCTEP España-Portugal 2021-2027. O documento ofrece orientacións, ferramentas e recursos para facilitar a creación e xestión de comunidades enerxéticas, promovendo un modelo enerxético máis sostible, descentralizado e participativo nos territorios rurais.

Documento completo:Guía metodológica de promoción de Comunidades Energéticas Locales | CEL Rural

Que son as comunidades enerxéticas rurais? As Comunidades Enerxéticas Locais (CEL) son iniciativas colectivas nas que persoas, pequenas empresas e administracións se organizan para producir, consumir e xestionar enerxía renovable de maneira compartida e democrática, sen ánimo de lucro. O seu obxectivo é xerar beneficios sociais, ambientais e económicos para a comunidade e o territorio onde se desenvolven. No medio rural, estas iniciativas representan unha oportunidade para aproveitar recursos naturais locais, reducir custos enerxéticos, crear emprego verde e reforzar a cohesión social, contribuíndo ao mesmo tempo á loita contra o cambio climático e á transición cara a un modelo enerxético máis xusto.

Que ofrece a guía? A guía metodolóxica achega información clara e accesible sobre:

  • o funcionamento do sistema eléctrico e o papel da xeración renovable distribuída
  • o marco legal das comunidades enerxéticas en España e Portugal
  • modelos de gobernanza e formas xurídicas (asociacións, cooperativas, etc.)
  • vías de financiamento e apoio público
  • diferenzas entre autoconsumo colectivo e comunidade enerxética
  • solucións tecnolóxicas aplicables no medio rural (solar, eólica, biomasa, almacenamento)
  •  exemplos reais, boas prácticas e ferramentas para acompañar ás comunidades no proceso de creación e desenvolvemento das comunidades enerxéticas en distintos escenarios.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMA1009.19 KB