13 xullo - Webinar: En apoio de comunidades enerxéticas para cidades climaticamente neutrais

Data: 

mércores, 13 Xullo, 2022 - 10:00 a 12:00

 

A Oficina do Pacto dos Alcaldes - Europa organiza un seminario web para oñecer as oportunidades de asistencia técnica para a creación de Comunidades Enerxéticas en Europa, que se celebrará o 13 de xullo.

O seminario web ten como obxectivo proporcionar aos participantes unha mellor comprensión de todos os beneficios socioeconómicos (en termos de creación de emprego e valor local, loita contra a pobreza enerxética, etc.) que conleva unha estratexia enerxética orientada á enerxía cidadá e unha mellor comprensión das recentes oportunidades nacionais e da UE con respecto ás comunidades de enerxía renovable.

Presentaranse 3 oportunidades de asistencia técnica para o desenvolvemento de comunidades enerxéticas:

- Do Pacto dos Alcaldes de Europa

- Do Repositorio de Comunidades Enerxéticas

- E do Centro de Asesoramento de Comunidades Enerxéticas Rurais

 

enlightenedMÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS AQUÍ.