15ª EDICIÓN - PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA 2021 - CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL

ACTOS CENTRAIS: DIFUSIÓN DIXITAL INTERNET E REDES SOCIAIS 26.06.2021

A FEGAMP, un ano máis apoia esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2021 a súa décimo quinta edición.

O propósito destes actos é conmemorar de forma especial o Día Internacional contra a droga, establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU. 

Invitan aos concellos e institucións que conforman a FEGAMP a adherirse simbólicamente á campaña, compartindo o enlace a un vídeo institucional onde se fala do día internacional e a través da publicación en web e RRSS do documento explicativo.

Máis información: https://www.fundacioncontraonarcotrafico.org/dia-internacional-contra-a-droga/

 

Descargas: