ACTOS CENTRAIS: DIFUSIÓN DIXITAL INTERNET E REDES SOCIAIS 26.06.2022
A FEGAMP, un ano máis apoia esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2022 a súa décimo sexta edición.
O propósito destes actos é conmemorar de forma especial o Día Internacional contra a droga, establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU.
Convidan aos concellos e institucións que conforman a FEGAMP a adherirse simbólicamente á campaña, compartindo as efemérides a través da publicación en web e RRSS e a exhibir o Cartel conmemorativo e publicar ou exhibir o Manifesto do Día Internacional contra a Droga.
Máis información: https://www.fundacioncontraonarcotrafico.org
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
CARTEL CAMPAÑA 2022 | 1.53 MB |
MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A DROGA 2022 | 155.2 KB |