18 de xuño - Xornada de portas abertas no corazón da montaña - A Fonsagrada

Data: 

mércores, 18 Xuño, 2025 (Todo o día)

Mércores 18 de xuño de 2025 

Escola do Maior Acarserso – Carballido, A Fonsagrada.

O proxecto Montes e Vales Orientais - Territorio Intelixente realizará unha xornada moi especial, no corazón da montaña, onde as persoas maiores ofrecerán unha demostración das competencias adquiridas nos últimos meses manexando dispositivos electrónicos.

As 15 persoas usuarias da Escola do Maior da parroquia de Carballido, no concello da Fonsagrada, demostrarán que para aprender non é importante a idade, a tecnoloxía tamén é para elas. Desde mediados de 2024, este colectivo, forma parte do Proxecto Piloto de ideoasistencia a Maiores, superando prexuízos, desafíos e moitas das barreiras que se lles adoitan poñer, especialmente no rural.

Programa da Xornada

A xornada comeza ás 11:00 h. da mañá coa intervención das entidades colaboradoras. Participan: Carlos López, presidente do GDR Montes e Vales Orientais e alcalde da Fonsagrada; Fé Álvarez, a xerente do GDR; María Lamelas, técnica de proxectos da FEGAMP; Pedro Penelo, presidente de ACARSERSO e Pedro Méndez, protagonista dun video explicativo.

As 11:30 h. Jorge Caleya, representante de Zwit Projet, empresa encargada de distribuir os dispositivos electrónicos, presenta o Piloto de Videoasistencia Sociosanitaria a Maiores.

A partir das 12:00 h. terá lugar o momento mais esperado da xornada: un exercicio práctico no que as persoas maiores mostran en directo o manexo das táblets, compartindo as súas experiencias e aprendizaxes. Participan: Encarna, usuaria, a través da súa testemuña audiovisual, Paola Condía, formadora do proxecto, Mari Carmen  Carricajo, traballadora social e directora do Centro de Día da Fonsagrada e as persoas usuarias: José Rico, Celia Gómez, Pedro Méndez e Eusebio.

Finalmente, arredor das 13:00 h celebrarase un xantar comunitario entendido este como espazo de integración e encontro entre participantes, acompañantes e entidades colaboradoras. O encargado de coordinar esta parte é Román Sánchez, en representación da cooperativa A Carqueixa, que explicará o Piloto de Mobilidade Sostible e os servizos dispoñibles a través do Marketplace desenvolvido dentro do proxecto.

Tamén podes seguir a xornada en directo na canle de YouTube: https://www.youtube.com/live/G263HbMTlOk

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMA DA XORNADA206.83 KB