Data:

A FEGAMP, un ano máis apoia esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2025 a súa décimo novena edición.
O propósito desta campaña é conmemorar de forma especial o 26 de xuño o "Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas", establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU. Os actos centrais deste ano terán lugar o propio día 26 de xuño de 2025 ás 12:00 horas no exterior da sede da Deputación Provincial de Pontevedra (avenida Monterio Ríos, s/n) cunha duración estimada de 30 minutos.
Convidan aos concellos e institucións que conforman a FEGAMP a adherirse simbólicamente á campaña, compartindo as efemérides a través da publicación en web e RRSS e a exhibir o Cartel conmemorativo e publicar ou exhibir o Manifesto do Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas (26 de xuño 2025).
Máis información: https://www.fundacioncontraonarcotrafico.org
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 227.27 KB |
![]() | 28.08 KB |
![]() | 239.17 KB |