1ª CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DA FUNDACIÓN DOS FERROCARÍS ESPAÑOIS, F.S.P. PARA O FOMENTO DO USO DA BICICLETA A TRAVÉS DE INVESTIMENTO EN INFRAESTRUTURA CICLISTA. PRAZO: 24-04-2023

Data: 

sábado, 25 Febreiro, 2023 (Todo o día) a luns, 24 Abril, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana

Resolución 01/2023, do 17 de febreiro 2023, pola que se aproba a Primeira Convocatoria de subvencións da Fundación dos Ferrocarrís Españois, F.S.P. a favor de Entidades Locais para o fomento do uso da bicicleta a través de investimento en infraestrutura ciclista. BDNS (Identif.): 677564.

Obxecto e finalidade da convocatoria

O obxecto desta resolución é a convocatoria para a concesión de axudas a municipios para o financiamento de proxectos que fomenten a mobilidade ciclista mediante a construción de infraestruturas ciclistas. Estas axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, así como conforme aos principios de eficacia e eficiencia da xestión das axudas.

Bases Reguladoras

En data do 23 de novembro de 2022 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orde TMA/1131/2022, do 11 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais para o fomento do uso da bicicleta a través de investimento en infraestrutura ciclista (BOE Nº: 281).

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas na presente convocatoria os municipios que conten cunha poboación inferior a 50.000 habitantes e non sexan capitais de provincia, sempre que cumpran cos requisitos e condicións dispostos no artigo 5 da Orde TMA/1131/2022, do 11 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais para o fomento do uso da bicicleta a través de investimento en infraestrutura ciclista e na presente convocatoria. O número de habitantes de cada municipio será o establecido no Real Decreto 1037/2022, do 20 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2022.

Contía da subvención, financiamento, anticipos e aplicación orzamentaria

1. A contía total máxima das axudas a conceder é de 4 700 000 euros. No caso de que resolta a convocatoria xérese orzamento económico sobrante, a Fundación dos Ferrocarrís Españois, F. S. P. devolverá o importe non adxudicado ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, podendo este destinalo a futuras convocatorias de subvencións.

2. A subvención a cada proxecto cubrirá ata un máximo do 90 % do total dos custos elixibles. A entidade beneficiaria asumirá a obrigación de financiar o orzamento restante.

3. Os proxectos subvencionables deberán ter un orzamento mínimo total de 300 000 euros e a subvención outorgada a cada proxecto non superará os 500 000 euros.

4. Os beneficiarios estarán exonerados da constitución de garantía, para a cobranza do pago anticipado, de acordo co previsto no art. 42.2 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

5. Os beneficiarios poderán percibir un anticipo de ata o 100% da cantidade da axuda outorgada como subvención. En todo caso, o anticipo deberá ser destinado a cubrir os custos subvencionables das actuacións subvencionadas e xustificarse durante a fase establecida para iso.

Actuacións subvencionables

Poderán ser actuacións subvencionables no marco da presente convocatoria os proxectos cuxo obxecto sexa a execución de infraestruturas que favorezan a mobilidade ciclista para desprazamentos cotiáns e, en concreto, serán obxecto de financiamento os seguintes tipos de proxectos de investimento en infraestruturas ciclistas:

a) Vías ciclistas segregadas do tráfico de vehículos de motor

b) Aparcamentos seguros para bicicletas e ciclos

c) Instalación de contadores/aforadores do paso de ciclistas en vías ciclistas

Prazo de execución

O prazo para a execución das actuacións obxecto de axuda comezará a partir da publicación da convocatoria e concluirá 18 meses despois da publicación da resolución de concesión definitiva. Este prazo poderá ser prorrogado ata 6 meses, previa autorización por parte da Fundación dos Ferrocarrís Españois, F. S. P. e sempre que se achegue unha xustificación respecto a imprevistos no prazo de execución da actuación.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse no prazo máximo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte á data de publicación do extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

As solicitudes presentaranse por vía electrónica na plataforma electrónica habilitada pola Fundación dos Ferrocarrís Españois, F. S. P. debidamente cumprimentada. Acceso: https://ffe.fundanetsuite.com/ConvocatoriasPropias/es/Convocatorias/VerC...

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 677564): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/677564

-Na Fundación de los Ferrocarriles Españoles, F.S.P.

 

 

Descargas: