1ª convocatoria do programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (Programa MOVES Frotas Plus). Prazo: 10-02-2026 (12:00 h.)

Data: 

venres, 23 Xaneiro, 2026 (Todo o día) a martes, 10 Febreiro, 2026 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Extracto da Resolución do 18 de decembro de 2025, do Consello de Administración de E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se establece a primeira convocatoria do programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (Programa MOVES Frotas Plus), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

BDNS (Identif.): 876683

Obxecto

Concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros en todo o territorio nacional e contribuirán ao cumprimento dos obxectivos 506 e 507 correspondentes ao investimento 9 do compoñente 31 (PROGRAMA MOVES FROTAS PLUS).

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios do programa:

a) Todo tipo de empresas con personalidade xurídica propia (Micro, Pequena, Mediana e Gran Empresa).

b) O sector publico institucional, a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

c) Consorcios e agrupacións empresariais con ou sen personalidade xurídica propia. En caso de non contar con personalidade xurídica propia, a axuda concederase á entidade ou persoa xurídica que represente e xestione a agrupación ou consorcio.

2. Serán elixibles os proxectos integrais para a electrificación de empresas con frotas de vehículos lixeiros que permitan lograr unha redución do consumo final de enerxía e que inclúan polo menos a tipoloxía de actuación 1 ou a tipoloxía de actuación 4 de entre as subvencionables que se enumeran a continuación:

Actuación 1. Adquisición de vehículos eléctricos.

Actuación 2. Instalación de puntos de recarga no aparcamento da frota, como parte do proxecto de electrificación da empresa.

Actuación 3. Custos de sistemas de xestión asociados á electrificación da frota.

Actuación 4. «Retrofit» ou modificación da forma de propulsión de vehículos.

Actuación 5. Custos da análise de viabilidade de electrificación da frota.

Bases reguladoras

Orde TED/1478/2025, do 17 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (Programa MOVES Frotas Plus), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Orzamento

1. A presente convocatoria conta cunha dotación orzamentaria máxima inicial de cincuenta millóns de euros (50.000.000 euros), financiados con cargo ás transferencias realizadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a IDAE previstas no estado de gastos dos Orzamentos Xerais do Estado de 2021, 2022 e 2023, vinculadas ao cumprimento de fitos e obxectivos da compoñente 1, investimento 2 do PRTR, coas adecuacións derivadas da aprobación do Anexo revisado da Decisión de Execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de Recuperación e Resiliencia de España , polo que se crea o novo investimento 9 dentro da compoñente 31. O programa de incentivos será financiado pola Unión Europea-NextGenerationEu co MRR.

2. Establécese un límite máximo de axuda para os proxectos que se presenten ao programa de incentivos, sendo para a Actuación 1 e 4 definida en Anexo 2.1 da Orde TED/1478/2025, do 17 de decembro, de 500 vehículos por solicitude, así como un mínimo de 10 vehículos por solicitude. Para a Actuación 2 o número de puntos de recarga incentivados non poderá ser superior a número de vehículos incentivados. Para a Actuación 3, establécese un límite máximo de axuda de 60.000 € e a Actuación 5 correspondente ao estudo previo de viabilidade de electrificación, establécese un límite máximo de axuda de 7.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de axuda obxecto desta convocatoria e a súa documentación poderán presentarse desde as 9:00 h do día 23 de decembro de 2025 ata as 12:00 horas, hora peninsular, do día 10 de febreiro de 2026.

Más Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.:876683): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/876683

-IDAE (https://sede.idae.gob.es/)

 

Descargas: