Data:
No marco do proxecto CELRURAL, a FEGAMP organiza esta acción formativa dirixida a persoal técnico e político das administracións locais, axentes de desenvolvemento local, representantes de asociacións e entidades sociais, profesionais vinculados á sustentabilidade e á transición enerxética, así como a calquera persoa interesada en coñecer e impulsar iniciativas de participación cidadá no ámbito enerxético. O curso ten unha duración total de 10 horas, estruturadas en dúas xornadas de 5 horas cada unha. A formación organízase en 4 módulos, distribuídos entre ambas sesións, combinando contidos teóricos e análise de experiencias prácticas. Ao remate da formación entregarase un certificado de aproveitamento acreditativo das horas realizadas.
Formación gratuita
Modalidade presencial
Días 25 e 26 de maio de 2026
Horario: de 09:00 h. a 14:00 h.
Sede da FEGAMP - Santiago de Compostela
FORMADORES
Xavier Simón Fernández, doutor en Economía Ecolóxica pola UVIGO e catedrático do departamento de Economía Aplicada da mesma Universidade. É o director do grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía desa Universidade e director adxunto de transferencia do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). Ademais é o responsable do Observatorio Eólico de Galicia (OEGA). Na actualidade é o coordinador do proxecto EC4RURAL, un proxecto Life financiado pola Unión Europea na convocatoria de 2022, titulado “Fostering local engagement for Clean Energy Transition in Rural Areas through Energy Communities”, vixente entre 2023 e 2027. Desde 2023 converteuse nun dos principais expertos en comunidades enerxéticas en Galicia desde o ámbito das ciencias sociais e humanas. Desenvolverá as accións de coordinación e será corresponsable de todos os módulos.
Almudena Fiunte Blanco, graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela e conta cun Máster en Igualdade, Xénero e Educación e cun Máster en Agroecoloxía pola Universidad Internacional de Andalucía. Desenvolve a súa traxectoria no ámbito da educación social, a dinamización comunitaria e a formación, con experiencia no deseño e impartición de accións formativas baseadas en metodoloxías participativas. Integra enfoques de igualdade, educación ambiental e intelixencia emocional, orientados á sensibilización e á participación activa. É técnica superior do proxecto EC4RURAL. Entre as súas tarefas atópase a elaboración de materiais formativos e a impartición das sesións. Será corresponsable de todos os módulos.
Proyecto cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),en el marco del programa Interreg VI-A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027
0081_CEL_RURAL_6_E
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 152.42 KB | |
| 150.82 KB |

Sede Electrónica


