26 febreiro 2026 - Xornada "As Mulleres, xestoras do cambio. O papel de Europa"

Data: 

xoves, 26 Febreiro, 2026 (Todo o día)

 

A FEGAMP ten prevista a celebración desta xornada de igualdade "As mulleres xestoras do cambio. O papel de Europa" o vindeiro xoves 26 de febreiro, a partir das 10:30 horas no Hotel Oca Puerta del Camino, (C/ Miguel Ferro Caaveiro s/n. 15707 Santiago de Compostela), na que intervirán alcaldesas e concelleiras das entidades locais galegas, así como representantes do Goberno estatal e autonómico.

A xornada ten carácter gratuíto e vai dirixida a cargos electos e persoal técnico dos concellos.

Inscricións (Prazo máximo 23 de febreiro) : https://fegamp.gal/content/26-de-febreiro-xornada-igualdade-nos-concellos

 

Ademáis queremos recordar que con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a Xunta de Voceiros da FEGAMP na súa xuntanza ordinaria celebrada o 10 de febreiro, aprobou un Manifesto que pode descargar a continuación e os carteis da campaña, para convidar ás Entidades Locais a subscribilo.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa2.81 MB
PDF icon Manifesto2.81 MB
PDF icon Cartel alcaldesas 116.39 MB
PDF icon Cartel alcaldesas 219.68 MB