
Estas xornadas marcan a conclusión do proxecto Montes e Vales Orientais — Territorio Intelixente, no que se fomentou o acompañamento dixital ás persoas maiores e se apoiou o emprendemento rural.
O programa reúne presentacións, boas prácticas e espazos de encontropara seguir construíndo unha comarca máis viva e dixital. Culmina un ano de traballo dedicado a achegar a dixitalización ás persoas maiores do territorio e a mellorar a súa calidade de vida mediante novas ferramentas tecnolóxicas. Xunto con experiencias inspiradoras e proxectos locais, estas xornadas servirán para poñer en común aprendizaxes e avanzar cara a un rural máis accesible e conectado.
CONCLUSIÓNS FINAIS
O Territorio Rural Intelixente impulsado conxuntamente pola Federación Galega de Municipios e Provincias e o GDR-3 Montes e Vales Orientais, integra un conxunto de iniciativas innovadoras orientadas á revitalización demográfica, económica e comunitaria dos 14 concellos do territorio.
1. PÁXINA WEB ALDEAS VIVAS - Esta web podemos considerala como un banco dinámico de recursos que conecta propietarios, institucións e potenciais poboadores para dinamizar sectores como a vivenda, terras, negocios e emprego.Entre os obxectivos conseguidos están os seguintes: plataforma dixital accesible e sempre actualizada; comunicación continua a través do boletín Boletín Aldeas Vivas; acompañamento para novos poboadores e frear o despoboamento; poñer en valor recursos ociosos e activar a oferta territorial; facilitar a conexión entre oferta e demanda; xerar impacto social e económico. Durante o último ano, Aldeas Vivas acadou un impacto importante no territorio con: 4.487 visitas e 3.222 visitantes únicos; 84 subscritores no Boletín (41,3 % apertura; 39,3 % clics); 114 persoas interesadas en instalarse no rural; 36 casas, 3 terras, 9 negocios e 104 ofertas de emprego rexistradas.
2. MARKET PLACE LOCAL - Creación dun directorio profesional online con servizos de proximidade para mellorar a calidade de vida, especialmente das persoas maiores.
3. PILOTO DE VIDEOASISTENCIA SOCIOSANITARIA A MAIORES - Os obxectivos desta iniciativa estiveron centrados en facilitar a autonomía, a redución do illamento, un envellecemento activo e formación dixital. Fixemos unha selección de usuarios que recibiron unha formación sobre o manexo de dispositivos ademais de ter un acompañamento técnico periódico. Xunto con estas actuacións, integramos unha APP personalizada atendendo aos perfís dos usuarias e usuarios (“Programa Ágilmente”). Entre os resultados podemos destacar os seguintes: 32 dispositivos entregados; 27 persoas atendidas individualmente; sesións grupais con 25 participantes; formación a familias e profesionais, creación de repositorio de recursos.
4. CENTRO COMARCAL DE INNOVACIÓN, EMPRENDEMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL - Os traballos do CIEPS centráronse en realizar detectar oferta e demanda de inmobles, promoción do emprego, eventos con empresas e centros educativos, posta en valor de recursos endóxenos a través de 13 obradoiros, promoción da igualdade coa colaboración da rede de mulleres e a súa comunidade virtual e canal de difusión. 5. TRANSFERENCIA DE BOAS PRÁCTICAS - Implementación da videoasistencia en Navia de Suarna e A Pontenova, modelos de formación para o arraigo de poboación estranxeira e voluntariado interxeracional.

Sede Electrónica
