28X - Día do Orgullo LGTBI. Visibilidade e igualdade

Data: 

martes, 28 Xuño, 2016 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias súmase á celebración do Día do Orgullo LGTBI, amosando a súa defensa e total compromiso coa igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns, sexa cal for a súa orientación e identidade de xénero, afectiva e/ou sexual.

A Fegamp considera que a reivindicación e a visibilidade son pasos fundamentais cara unha normalización pública que responde á realidade social e esta tamén pasa pola implicación das institucións. Ano a ano son máis os concellos galegos que contribúen coas súas políticas á non discriminación de calquera colectivo.

Hoxe, 28 de xullo, as cores do arco da vella lucirán diante de moitas casas consistoriais. A Fegamp anima ás galegas e galegos a que se sumen aos actos programados nos seus municipios, nun chamado conxunto á igualdade e á diversidade.