Data:
Este 2º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento está organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade, e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Conta tamén coa colaboración da Xunta de Galicia, Fegamp, Dirección Xeral de Políticas de Desenvolvemento Sostible, AECID e o programa DEAR da UE, ademáis do Concello de Lugo e a Deputación de Lugo.
Celebrarase en Lugo os días 7 e 8 de febreiro. Será unha cita de máxima relevancia para a cooperación impulsada polos municipios, na que contarán con representantes de distintas institucións e entidades de todo o Estado e de diversos países para avanzar conxuntamente nesta política pública.
O impacto da cooperación municipalista nos denominados países do Sur, a implementación da Axenda 2030 a nivel local ou o novo marco legal que afecta as administracións locais neste ámbito son algúns dos temas que se abordarán. O programa inclúe ademais debates sobre as novas estratexias na educación para a cidadanía global e sobre a cooperación técnica realizada por traballadores municipais, alén de actividades culturais.
O persoal político e técnico das administracións socias do Fondo Galego está chamado a participar neste gran evento, que se desenvolverá en dous espazos únicos como son o MIHL e O Vello Cárcere. Para facilitar a asistencia, a organización financiará o aloxamento das persoas interesadas (1 por concello/deputación ata cubrir as prazas), que deberán solicitalo en acorzo@fondogalego.gal , ademais de cubrir o formulario de inscrición.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Cartel do encontro - 1 | 2.86 MB |
Cartel do encontro - 2 | 2.01 MB |