30 de abril - Webinar - O rol do Delegado de Protección de Datos fronte o desafío da intelixencia artificial

Data: 

mércores, 30 Abril, 2025 (Todo o día)

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Fegamp, entidade fundadora de CIBER.gal.

A actividade consiste nunha charla sobre a normativa relacionada co tecido empresarial e a administración local. O obxectivo da charla é proporcionar unha visión integral sobre os desafíos que a intelixencia artificial exporá nos próximos anos. Neste contexto, profundarase na normativa recentemente aprobada, de aplicación directa, e destacarase a relevancia da ciberseguridade no uso e desenvolvemento destas novas tecnoloxías, tanto no sector público como no privado.

O formato da actividade será EN LIÑA, de  9:30 h a 11:00 h. aproximadamente. 60 minutos de contido e 30 minutos de preguntas.

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  1. Introdución
  2. Marco regulatorio e convivencia normativa en España e Europa
    1. Protección de datos: RGPD e LOPDGDD 3/2018
    2. Intelixencia Artificial: RIA e Anteproxecto de Lei
    3. Ciberseguridade: NIS2 e ENS
  3. Retos da IA en Protección de Datos e Ciberseguridade
  4. O papel do DPD e a figura legal na Gobernanza da IA
  5. Perspectiva cara ás AAPP e os seus provedores
  6. Estratexias prácticas e recomendacións

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.