31 DE OUTUBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS CIDADES

Data: 

xoves, 27 Outubro, 2022 (Todo o día) a luns, 31 Outubro, 2022 (Todo o día)

 

O próximo 31 de outubro celébrase o Día Mundial das Cidades, impulsado pola ONU para promover o desenvolvemento sostible das cidades.

TECH friendly elaborou un breve cuestionario para imaxinar como son as cidades do futuro. Podes participar no seguinte enderezo (anónimo) https://www.menti.com/al3yy5bo3jxn/0

En 2014, ONU Hábitat lanzou unha iniciativa chamada Outubro Urbano, para poñer de relevo os desafíos urbanos mundiais e involucrar á comunidade internacional no desenvolvemento da Nova Axenda Urbana, aprobada en outubro de 2016 na cidade de Quito durante a Conferencia de Hábitat III. Esta Nova Axenda Urbana é unha extensión do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 11 que pretende conseguir que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros e sostibles. 

Mais da metade da poboación mundial (un 54%, ou 4.000 millóns de persoas) vive en cidades. Nos últimos decenios a humanidade experimentou un crecemento urbano considerable. Para o ano 2030 estimase que uns 5.000 millóns de persoas vivan en cidades. A vida nas cidades supón unha oportunidade de desenvolvemento para as persoas, son unha fonte de ideas, centro de comercio, cultura, ciencia e comunicación, pero tamén plantexan problemas de desenvolvemento sostenible, contaminación, infraestructuras e recursos.

Tema 2022: Actuar localmente para ser globais

Shanghái (China) será a sede para a celebración do Día Mundial das Cidades 2022, baixo o lema: "Actuar localmente para ser globais". Pretendese reflexionar sobre a creación de cidades mais verdes, igualitarias e sostibles, para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para 2030.