Data:

A III xornada “Prevención, reutilización e xestión de residuos no sector textil” ten por finalidade divulgar información, recomendacións e boas prácticas para a mellora da prevención, reutilización e reciclado de residuos textiles de competencia local.
O obxectivo é analizar a modificación da Directiva de residuos para integrar a responsabilidade do produtor no sector téxtil, e o borrador de Real Decreto nesta materia que impulsou o MITECO, e comentar a súa repercusión na xestión local de residuos, con todos os actores implicados no devandito proceso.
Contaremos con expertos de FIREC (forocircular.com) e con representantes do sector público e privado directamente implicados na prevención e xestión de residuos.
DATA: 6 de novembro de 2025
ONDE: Santiago de Compostela, Edificio Cersia. (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, 15707 Santiago de Compostela)
PARA QUEN: con carácter prioritario os responsables políticos e técnicos municipales. También poderán participar as persoas desempregadas, estudantes de grao, así como xerentes e técnicos de empresas de xestión de residuos municipales.
INCRICIÓNS (ATA O 4 DE NOVEMBRO) : Cumprimenta este formulario de inscrición.
A xornada é gratuita. Por razóns de loxística e aforo do evento, agradecemos que en caso de non poder asistir o comuniques con antelación suficiente para poñer a túa praza a disposición doutras persoas interesadas.
ORGANIZA: FOGALEC, FEGAMP, UDC, FIREC.
PATROCINAN: COREGAL, VIRATEC
COLABORAN: CONCELLO DE SANTIAGO, ECOBAS.
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 336.1 KB |

Sede Electrónica