Data:

O cooperativismo galego vive un momento de crecemento sostido, onde as cooperativas de consumo representan unha parte estratéxica en impacto social, neste sentido, en EspazoCoop contan cunha Sectorial de Consumo para favorecer a interrelacción e os grupos de traballo independentes. Espazocoop é unha das entidades que, xunto coa FEGAMP, forman parte dun consorcio liderado pola Universidade de Vigo, no que tamén participan entidades de Estonia, Bélxica e España.
Trátase do Proxecto EC4RURAL: Transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas para promover a creación de enerxía comunitaria, a participación cidadá e a capacitación local para a transición enerxética.
O encontro en Sober ten como obxectivo principal difundir o concepto de "cooperativismo de consumo" e poñer en valor e conectar as cooperativas, asociaciacións, comunidades de montes, administracións e cidadanía a través da promoción de cooperativas de consumo.
Outro elemento importante da xornada, será a transferencia de coñecemento e metodoloxías de EC4RURAL.
Mais información e inscricións: https://espazo.coop/rede-eusumo/axenda-o-dia-xornada-cooperativismo-de-c...






Sede Electrónica