8 MARZO - WEBINAR INFORMATIVO PROXECTO 0636_NOVATFE_1_E FINANCIADO NO MARCO DA SEGUNDA CONVOCATORIA DO PROGRAMA OPERATIVO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL (POCTEP)

Data: 

martes, 8 Marzo, 2022 (Todo o día)
WEBINAR

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Administración Local, organiza o próximo martes día 8 de marzo, un seminario de gran interese para as administracións locais.

Esta webinar tratará sobre a financiación de proxectos para as administracións locais e tentará explicar ás entidades locais todo o relacionado cos fondos Next Generation.

Prestarase especial atención ás convocatorias que se prevé sairán no ano 2022 nas que os beneficiarios poden ser as entidades locais. Como ponente contaremos con Manuel Varela Rey, director de KNOWCONSULTING.

Data: martes 8 de marzo de 12.00 a 13.00

Esta actividade forma parte do proxecto 0636_Novatfe_1_E financiado con fondos europeos no marco da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP).

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN198.03 KB