Data:
UNICEF Comité Español recoñece públicamente co Selo de Cidade Amiga da Infancia a aqueles municipios que apostaran polos dereitos dos nenos, cumprindo cos principios da Convención sobre os Dereitos do Neno. O Selo de Cidade Amiga da Infancia convócase cada 2 anos e ten unha vixencia de 4. Outórgase tras un proceso de diagnose e análise que remata coa acreditación por parte de UNICEF Comité Español.
O enlace para acceder a toda a información sobre a obtención dese Selo é: http://ciudadesamigas.org/municipio-amigo-infancia/sello-cai/
Paralelamente, Unicef convoca o Certame de Boas Prácticas en Infancia, unha iniciativa que premia accións e proxectos promovidos polos gobernos locais ou por entidades sociais (centros educativos, asociacións, fundacións, sindicatos, empresas...), co obxectivo de impulsar o benestar da infancia e da adolescencia. Trátase dunha actividade complementaria ao recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia.
O enlace para acceder a toda a información sobre ese Certame é: http://ciudadesamigas.org/municipio-amigo-infancia/buenas-practicas/
A persoa de contacto en UNICEF Comité Galicia é Marta Andrade: (981) 586387 ou no enderezo electrónico mandrade@unicef.es