Acceso á aplicación de aproveitamentos forestais CORWEB

Data: 

xoves, 20 Maio, 2021 - 09:00

Co fin de que os concellos galegos poidan coñecer os aproveitamentos madeireiros autorizados no seu termo municipal, solicitouse a colaboración da Consellería do Medio Rural para habilitar un módulo de consulta na aplicación CORWEB e que da resposta a esta necesidade.  

 

COMO SOLICITAR O ACCESO A CORWEB:

  • Os concellos interesados deben solicitar o acceso á aplicación CORWEB dirixindo á Fegamp unha comunicación asinada pola alcaldesa ou alcalde, na que faciliten os datos do persoal funcionario que deba ter acceso (máximo dous por concello). O modelo de comunicación está dispoñible ao final da páxina.
  • O persoal designado debe dispor dun certificado dixital ou de empregado público.
  • A comunicación cuberta e asinada remitirase a lucia.gonzalez@fegamp.gal.

 

ALTA NA APLICACIÓN CORWEB E CONSULTAS:
A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal habilitará o acceso á aplicación CORWEB do persoal funcionario indicado, o cal, logo de identificarse poderá consultar na pantalla “CORWEB CONCELLOS” un listado, sen datos de carácter persoal, coa a seguinte información dos aproveitamentos que poidan estar en execución (os solicitados no último ano):

  • Identificador do expediente/ madeirista: nome de empresa e CIF (datos que figuran no rexistro RESFOR)
  • Referencias catastrais incluídas en cada expediente
  • Volume declarado ou autorizado en cada referencia catastral
  • Datas de inicio e remate do aproveitamento e outros datos do aproveitamento (motivo, especies, número de pés).

Este listado é exportable a unha folla de cálculo ou imprimible.

A aplicación garda rexistro, de cara a auditorías, de todas as descargas identificando á persoa que as realiza.

 

 

 

Descargas: