ACCIÓN FORMATIVA: PLANS DE IGUALDADE NOS CONCELLOS. DA TEORÍA Á PRÁCTICA - AFORO COMPLETO -

Data: 

martes, 26 Abril, 2022 (Todo o día)
CARTEL

 

- AFORO PRESENCIAL COMPLETO -  

RETRANSMISIÓN EN DIRECTO  PLANS DE IGUALDADE NOS CONCELLOS. Da teoría á práctica. | Facebook

ACCIÓN FORMATIVA: PLANS DE IGUALDADE NOS CONCELLOS. DA TEORÍA Á PRÁCTICA

26 DE ABRIL    10:00 h.  – 13:30 h.    PRESENCIAL (aforo limitado)  Sede Fegamp  (Santiago de Compostela)

GRATUITA PARA PERSOAL POLÍTICO E TÉCNICO DOS CONCELLOS 

Presentación da xornada:

Alberto Varela Paz

Presidente da Fegamp e Alcalde de Vilagarcía de Arousa

Ponentes:

Laura Seara Sobrado

Consultora de xénero e Axente de Igualdade. Avogada e asesora legal na fundación CERMI Mujeres. Consultora Socia de Red Talento

Aída Dos Santos

Politóloga, consultora de xénero e axente de igualdade. Consultora en Red Talento

Cando unha entidade local decide emprender a elaboración e posta en marcha dun plan de igualdade, significa que adopta un compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Nese momento, é necesario que as persoas implicadas na decisión teñan claro que a implantación dun plan de igualdade de oportunidades supón un esforzo institucional que afecta a todos os niveis de planificación. Debe ser un compromiso decidido e claro que parta do mais alto nivel de responsabilidade (Alcaldía, Xunta de Goberno, Pleno) e debe involucrar a todos os departamentos ou áreas de actuación da institución.

O artigo 14 da Constitución recoñece a igualdade entre homes e mulleres, sen que poda prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal e social. A lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, como acción normativa integral, combate todas as manifestacións de discriminación, directa e indirecta, por razón de sexo e promove a igualdade entre mulleres e homes, como esixencia constitucional, implicando a todas as administracións públicas. Así, sinala no artigo 21.2 que as Entidades Locais integrarán o dereito de igualdade no exercicio das súas competencias e colaborarán co resto de administracións públicas.

Neste marco normativo, Red Talento Consultoras xunto coa Fegamp presenta unha proposta formativa en materia de plans de igualdade dirixida ao persoal político e técnico dos concellos galegos.

 

Descargas: