O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde alcanzou na súa reunión celebrada o mércores 2 de decembro,un acordo no que se prevé un conxunto de medidas de saúde pública, recollidas no documento que pode descargar en pdf a continuación, e que teñen como obxectivo incorporar modificacións nos plans para as celebracións das festas de nadal para reducir a propagación da pandemia, procurando o menor impacto posible en familias e comunidades.
Así, sinálanse varias relativas a limitacións de entrada e saída en Comunidades e Cidades Autónomas, encontros con familiares, limitación da mobilidade nocturna e engádense recomendacións específicas e de interese para o período comprendido entre o 23 de decembro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 413.88 KB |