ACTIVIDADES ACADÉMICAS CEDE-USC / FEGAMP 2017 PODER LOCAL E UNIÓN EUROPEA

Data inscrición: 

luns, 20 Marzo, 2017 a luns, 3 Abril, 2017

Categoría: 

  • Colaboración Universidade

Estado: 

  • Aberto

A europeización das políticas públicas implica un proceso de modernización que afecta, dun modo intenso, á administración local. No marco da colaboración establecida entre o Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) da Universidade de Santiago de Compostela e a FEGAMP levamos anos realizando actividades de formación continua que permiten ao persoal dos entes locais galegos profundar nalgunhas das implicacións prácticas máis relevantes que ten este proceso europeizador.

Para o primeiro semestre de 2017 imos propor catro actividades en torno a esta temática. Como apertura do programa, realizaremos un seminario de carácter presencial no que se reflexionará, co gallo do 60 aniversario dos Tratados de Roma, sobre a influencia do dereito da UE sobre a conformación do dereito municipal. En segundo termo, continuando coa aposta pola docencia online das pasadas edicións do programa, abriremos –de acordo co calendario establecido- as aulas virtuais de tres cursos deseñados, cun enfoque eminentemente práctico, para dar resposta a algunhas das principais necesidades formativas sobre cuestións europeas que se detectan a nivel local.

CURSOS ON LINE SOBRE "PODER LOCAL E UNIÓN EUROPEA"

A fin de evitar as dificultades loxísticas que xeran para o alumnado os desprazamentos ás actividades presenciais de formación continua, o programa “Poder local e Unión Europea” articúlase sobre propostas formativas que poidan ser realizadas fundamentalmente a distancia. A metodoloxía docente apoiarase no soporte que proporciona a plataforma USC-Virtual. Todos os módulos contarán con recursos didácticos orixinais, elaborados polos profesores responsables, que incorporan elementos multimedia deseñados para favorecer a participación e a aprendizaxe. A carga de traballo para o alumno será de 10 horas semanais de traballo persoal on line, por curso. 

DESTINATARIOS DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

Cargos electos e persoal da Administración Local, que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados coas áreas obxecto de estudo.

Profesionais e titulados superiores e diplomados, técnicos superiores e de grao medio que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.

Estudantes universitarios interesados nas áreas obxecto de estudo.

NÚMERO DE PRAZAS, DEREITOS DE INSCRICIÓN E RECOÑECEMENTO DA ACTIVIDADE

 

  • Número de prazas por curso: 50 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os cargos electos e o persoal da Administración Local.
  • Os Cursos serán gratuítos para o persoal da Administración Local, polo que todas as fichas de inscrición terán que vir co selo da correspondente entidade local.
  • Os alumnos dos cursos semipresenciais que non formen parte do persoal da Administración local aboarán uns dereitos de inscrición de 60 euros por cada curso.
  • O seguimento dos cursos e a superación dos mesmos acreditarase mediante diploma expedido conxuntamente polo CEDE da USC e a FEGAMP.
  • Inscricións:  maite@fegamp.gal         Fax: 981 565 203
  • O prazo para formalizar a inscrición abrirase o 20 de marzo fixándose a data límite o 3 de abril ás 14:00 horas. Para  os cursos que se convocan por primeira vez (1.ª ed.) no caso de non cubrirse a totalidade das 50 prazas no prazo estipulado manterase aberta a inscrición ata 10 días antes da data de inicio da actividade docente. Para os cursos xa realizados en cursos anteriores e que se convocan de novo o prazo improrrogable de matrícula será o 7 de abril; se nesa data non hai un mínimo de 20 alumnos inscritos, o curso non será impartido.

 

Plan: 

2017
galer_a_fotos