Data:

A FEGAMP celebrará o seu segundo encontro de alcaldesas e concelleiras baixo o lema “A mocidade, forza motriz para a igualdade” o vindeiro xoves 27 de febreiro de 2025, no marco das súas iniciativas para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrará o segundo encontro de alcaldesas e concelleiras onde dialogarán sobre boas prácticas e propostas de futuro para promover políticas locais de igualdade coa mocidade.
Baixo o lema “A mocidade, forza motriz para a igualdade” o encontro se celebrará o vindeiro xoves 27 de febreiro de 2025, no marco das iniciativas da FEGAMP para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
O encontro comezará coas intervencións de apertura de María Barral, vicepresidenta executiva da FEGAMP e alcaldesa de Betanzos, e de Inés Rey, alcaldesa da Coruña e vicepresidenta primeira da FEMP.
De seguido celebrarase a mesa “As alcaldesas falando dos riscos e amenazas paras as mozas. Os concellos como garantes de dereitos para todas” coas intervencións de Cristina Cid (alcaldesa de Allariz), Marián Ferreiro (alcaldesa de Narón), Uxía Oviedo (alcaldesa de Maceda), Marisol Morandeira (alcaldesa de Guitiriz) e Paula Fernández (alcaldesa de Silleda). Esta mesa será presentada e moderada por Patricia Vilán, secretaria xeral da FEGAMP.
A seguinte mesa terá o título “Concelleiras galegas abordan boas prácticas en igualdade co foco na mocidade” e contará coas intervencións de Carmen Porto (concelleira de Planificación, Xestión Educativa e Mocidade de Ames), María Pilar Cabrera Gómez (concelleira de Xustiza Social e Participación de Sandiás), Selene González (concelleira de Benestar Social, Igualdade, Formación e Emprego e Ensino de Salceda de Caselas), María do Carmo Muiño (concelleira de Benestar de San Sadurniño), María Ortega (concelleira da Muller de Moaña) e Natividad Parada (concelleira de Educación de Sanxenxo). A exsecretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, presentará e moderará esta mesa.
O encontro rematará coas intervencións de María Debén (coordinadora da Área de Igualdade da Delegación do Goberno en Galicia) e de Carmen López, técnica da empresa JustGame, que presentará a iniciativa da FEGAMP dirixida á mocidade nos concellos “CAMBIADEBANDO.GAL”.