Alfredo García recibe aos membros do comité executivo da Coordinadora Galega de Atención Primaria

Data: 

mércores, 27 Marzo, 2019 - 17:00
reunión fegamp e corrdinadora galega de atención primaria

O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibiu esta tarde aos membros da Coordinadora Galega de Atención Primaria, a Dra. Mª del Carmen Acuña, e o Dr. Jesús Sueiro ante a problemática da Atención Primaria en Galicia. 

Tras a reunión o presidente declarou:

"Existe un paralelismo entre os concellos e os servizos de Atención  Primaria: por un lado os concellos son a Administración máis preta á cidadanía e a Atención Primaria é a Sanidade que máis preto está tamén dos veciños e veciñas. Por iso desde un organismo disposto sempre a negociar como é a Fegamp, o presidente pide e espera que a Conselllería de Sanidade sexa o suficientemente receptiva como para negociar e chegar a acordos coas partes para ofrecer o mellor servizo sanitario posible".