A AMTEGA E O CPEIG ORGANIZAN A XORNADA "FAITE PROFESIONAL DIXITAL DO… MARKETING DIXITAL"

Data: 

mércores, 29 Abril, 2015 - 10:00 a 13:00

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñeria Informática de Galicia (CPEIG), están a traballar na potenciación das vocacións tecnolóxicas e da inserción e reorientación laboral a través da formación en TIC.

Con este motivo, poñen en marcha en Galicia a Campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital "1 mes, 1 profesión dixital" ao longo do ano 2015, co obxectivo de concienciar aos xóvenes e/ou experimentados profesionais, universitarios/as e calquera persoa interesada nestas temáticas, da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes, ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías.

O vindeiro mércores 29 de abril abren esta campaña, coa xornada "Faite profesional dixital do… Marketing Dixital". Coñeceremos neste encontro, da man de expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais, que se están a demandar no mercado laboral actual.

Esta xornada de presentación, que abrirán a directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, terá lugar a partir das 10:00 horas na Cidade da Cultura, en Santiago.

A inscrición, que é de balde, está xa aberta a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.org  

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada1.58 MB