ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “CAMIÑO AO RESPECTO”

Data: 

luns, 23 Novembro, 2015 (Todo o día)

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Secretaría Xeral da Igualdade organiza unha ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “Camiño ao respecto”, que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de novembro ás 11 horas con saída dende o Monte do Gozo.

PROGRAMA:

9:30 h. a 11:00 h.: Recepción dos participantes

10:30 h. a 12:00 h.: CAMIÑO AO RESPECTO cara á Praza do Obradoiro ( Distancia aproximada de 5 Km.)

12:00 h. a 12:30 h.: Acto final na Praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra a Violencia de Xénero 

Máis información e inscricións en:  andaina2015@gmail.com | Teléfono: 981 545 351