Data:

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, reuniuse coas alcaldesas de Narón e Tomiño, Marián Ferreiro e Sandrá Fernández, respectivamente, para abordar aproblemática da proliferación de moscas que afecta a ambos concellos dende hai tempo.
O presidente da FEGAMP acordou coas alcaldesas no transcurso da xuntanza solicitar unha reunión á conselleira de Medio Rural para tratar de buscar unha solución ao problema dende a colaboración de todas as administracións afectadas, porque esta situación se está prolongando no tempo e non se lle está dando ningunha solución”.
Ambas alcaldesas amosaron a disposición de ambos concellos a colaborar coa administración autonómica para buscar canto antes unha solución.