A arbitraxe de consumo

Vantaxes da arbitraxe de consumo

Rapidez: a tramitación realízase nun curto período de tempo.
Eficacia: resólvese mediante laudo arbitral, sen que faga falta acudir á vía xudicial ordinaria.
Gratuidade: a tramitación é de balde; somentes a práctica dalgunhas probas periciais, realizadas a petición de parte, pode supoñer algún pequeno custo.
Voluntariedade: ámbas as dúas partes deciden libremente que sexa o Colexio Arbitral quen resolva os desacordos.
Executividade: o laudo arbitral é de obrigado cumprimento, como se se tratase dunha sentencia.

Vantaxes para os consumidores e usuarios.

  • A reclamación verase solucionada nun tempo breve, sen custos, agás en contadas excepcións.
  • A sinxeleza do procedemento evita moitas molestias.
  • A decisión que se toma vinculará ao establecemento reclamado, o que garante a súa eficacia.
  • A composición tripartita do órgano arbitral, coa presencia dun árbitro dunha asociación de consumidores, garante a defensa dos dereitos do reclamante.

Vantaxes para os empresarios:

  • Poder mostrar un distintivo oficial que acredita a súa adhesión.
  • Figurar no censo de empresas adheridas ao sistema.
  • Poder transmitir ese feito na súa publicidade.

¿Como se solicita a arbitraxe de consumo?

Os consumidores e usuarios poderán formalizar, persoalmente ante calquera servicio de consumo ou asociación de consumidores e usuarios, a súa solicitude de arbitraxe de consumo.

O procedemento arbitral

Cando o consumidor solicita a arbitraxe e o empresario atópase adherido ao sistema ou sometese a el para a resolución da reclamación plantexada, formalízase o convenio arbitral, designándose aos tres árbitros que comporán o Colexio Arbitral: o presidente, designado pola Administración e licenciado en Dereito; un representante dos consumidores; e outro polos sectores empresariais.
Posteriormente, ten lugar unha vista con suxeción aos principios de audiencia, contradicción e igualdade.
Unha vez oídas as alegacións de cada parte, e realizadas ou examinadas as probas e peritaxes que se consideren pertinentes, díctase unha resolución denominada 'laudo'. Este laudo recóllese por escrito e notifícase aos interesados, sendo executivo e vinculante, e tendo a consideración de 'cousa xulgada'.

Un distintivo de garantía e calidade

Cando o consumidor ou usuario ve que unha empresa exhibe no seu establecemento ou publicidade o distintivo oficial da arbitraxe de consumo adquire a confianza de saber que calquera desacordo que puidese xurdir entre ambos será resolto de xeito doado.
Cando un empresario se adhire ao Sistema Arbitral de Consumo e exhibe o correspondente distintivo oficial, está a ofrecer aos clientes unha garantía engadida aos seus servizos habituais.

Orixe lexislativa da arbitraxe de consumo

O artigo 51 da Constitución Española, que esixe aos poderes públicos que artellen procedementos eficaces que protexan a seguridade, saúde e os lexítimos intereses dos consumidores e usuarios.
O artigo 31 da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usurarios (LGDCU), que establece a creación dun sistema arbitral , extraxudicial, que permita dun xeito sinxelo, rápido e económico, que os consumidores e usuarios poidan facer valer os dereitos que a Lei lles recoñece.
A Lei 36/1988, de 5 de decembro, de Arbitraxe, que na súa disposición adicional primeira dispón que será de aplicación aos arbitraxes a que se refíre a Lei Xeral para a Defensa do Consumidor e Usuario.
O Real Decreto 231/2008, de 15 de febreiro, que regula o Sistema Arbitral de Consumo.

Descargas: