Data:
Tartu (Estonia), 27 de setembro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) está a participar no encontro de seguimento do proxecto EC4RURAL, que se está celebrando estes días na cidade estonia de Tartu.
Durante o encontro se está analizando o desenvolvemento do proxecto logo dun ano de traballo con vinte e dous concellos piloto en Galicia e doce en Estonia. Nestes días se están a expoñer os avances en cada un dos paquetes de traballo, que inclúen a promoción de grupos de interese sobre as comunidades enerxéticas en cada concello piloto ou a analise do marco xurídico e tecnolóxico que incide no desenvolvemento das comunidades enerxéticas rurais.
Dende a FEGAMP se están a achegar os avances nos concellos piloto galegos, nos que a comunidades enerxéticas xa están constituídas ou a piques de facelo en once dos vinte e dous concellos. Asi mesmo, tamen se porá en común as dificultades para achegar as oportunidades do proxecto noutras entidades locais galegas, e avaliar estratexias que os socios estonios puideran ter implementado para situacións similares, e viceversa.
Ademais, no encontro se está a abordar o desenvolvemento dos pilotos en Estonia e en Galicia, sobre como chegar a que se constitúan as comunidades enerxéticas e acaben completando o proceso chegando a facer instalacións de producción enerxética.
No encontro participan representantes de tres concellos pilotos de Estonia (Hiiumaa, Tori e Elva), cos que se debatera sobre como avanzar sobre a fase de inspiración do proxecto, no que un grupo tractor debe ser creado en cada concello piloto.
O proxecto EC4RURAL conta coa participación de dez organizacións de España, Estonia e Bélgica para fomentar a transición enerxética limpa nas zonas rurais europeas, e dispón dun orzamento de 1,6 millóns de euros, está cofinanciado polo Programa Life e vaise executar no periodo 2023-2027. A Universidade de Vigo lidera o consorcio multidisciplinar formado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Universidade de Tartu (Estonia), a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia, a Axencia Rexional da Enerxía de Tartu (Estonia), a Fundación Juana de Vega, a Unión de Cooperativas Espazocoop, e a Asociación Europea para el Desenvolvemento Rural (Bélxica), entre outras entidades.