Avances nas actuacións do Observatorio LGBTIQ+

Data: 

mércores, 15 Maio, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou no pleno do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero (Observatorio LGBTIQ+).

Este observatorio é o órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de diversidade de orientación sexual e de xénero, adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade, e reuniuse hoxe en Santiago de Compostela no salón de Plenos do Consello Económico e Social de Galicia.

Durante a sesión plenaria abordáronse os avances no Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de lecer nocturno, e a presentación dos decálogos ilustrados contra a LGTBIfobia no contexto da familia, deporte e educación.

Tamén se analizaron os datos do informe de incidentes de odio contra o colectivo e a situación da denuncia presentada pola asociación Trans Miño.