A Axenda 2030, composta por 17ODS, é un conxunto de 17 obxectivos e 169 metas destinados a resolver os problemas sociais, económicos e ambientais mundiais durante o período 2015-2030, e constitúe unha oportunidade única para sentar as bases dunha transformación global que conduza ás nosas sociedades cara modelos de desenvolvemento inclusivos e sostibles tanto a nivel local como internacional.
O Goberno de España elaborou o Plan de Acción para a Implementación da Axenda 2030: «Cara unha Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible», aprobado polo Consello de Ministros o 28 de Xuño de 2018 e formulou a Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030, que foi aprobada no Consello de Ministros o 8 de xuño de 2021.
A Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030 constitúe un plan estratéxico de acción estatal e goberno que establece oito retos país e oito políticas aceleradoras de desenvolvemento sostible para garantir una transición social, ecolóxica e produtiva coherente cos principios e compromisos da Axenda 2030 e sinala como prioridade: «Promover o coñecemento sobre a Axenda 2030 nas Entidades Locais como actores esenciais na difusión deste coñecemento e información da Axenda 2030 a cidadanía».