AXUDAS AO SECTOR DO TEATRO E DO CIRCO CORRESPONDENTES AO ANO 2021. PRAZO: 25-05-2021

Data: 

mércores, 5 Maio, 2021 (Todo o día) a martes, 25 Maio, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da resolución do 26 de abril de 2021 do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música pola que se convocan axudas ao sector do teatro e do circo correspondentes ao ano 2021. BDNS(Identif.): 559912.

Obxecto e finalidade

Axudas ao teatro e ao circo en réxime de concorrencia competitiva do INAEM, no marco das competencias deste organismo e de acordo cos obxectivos que ten encomendados en orde á preservación do patrimonio cultural teatral e circense e á súa difusión no ámbito do territorio do Estado e fóra das súas fronteiras, favorecendo especialmente a comunicación entre as distintas Comunidades Autónomas, a igualdade de todos os cidadáns no acceso aos servizos culturais e a creación e consolidación de novos públicos.

As axudas concederanse de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación e mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que cumpran os requisitos establecidos nesta resolución para cada modalidade de axuda. Os solicitantes deberán ter establecemento permanente en calquera dos Estados da Unión Europea e demais Estados do Espazo Económico Europeo, con plena igualdade de trato. Quedan excluídos aqueles solicitantes que teñan a súa residencia fiscal en países e territorios considerados paraísos fiscais no Real Decreto 1080/1991, do 5 de xullo.

Así mesmo, poderán solicitar axuda as persoas, entidades e agrupacións indicadas no artigo 2.2 da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos, URL español: http://www.boe.es/diario_ boe/ txt.php?ide=BOE-A-2010-17455.

Modalidades de axuda

As modalidades de axuda que se convocan son as que a continuación se enumeran:

A.1 Axudas a xiras nacionais e internacionais, xiras de coproducións interautonómicas e producións no estranxeiro.

A.2 Concertacións bienais.

B.1 Axudas a programacións escénicas en salas privadas.

B.2 Axudas a residencias artísticas en espazos escénicos.

B.3 Axudas a proxectos integrais de creación, exhibición, investigación e formación en salas privadas.

C.1 Axudas a festivais, feiras, mostras, circuítos e outros eventos de carácter teatral e circense.

D.1 Axudas a federacións, confederacións e asociacións profesionais de artes escénicas (teatrais e circenses) de ámbito estatal e proxección internacional.

Contía

O importe total máximo imputable da convocatoria será de 8.035.528 euros.

A contía máxima individual das axudas non poderá superar o 75 por cento do custo total estimado da actividade. No caso de que o peticionario fose unha entidade local, esta contía máxima non poderá superar o 65 por cento do custo total. En todo caso a contía máxima individual das axudas non excederá as seguintes cantidades:

A1/100.000

A2/250.000 (125.000/anualidade)

B1/50.000

B2/30.000

B3/125.000

C1/100.000

D1/100.000

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: