Data:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Extracto da resolución do 27 de xaneiro de 2017, do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, pola que se convocan axudas ao teatro e ao circo correspondentes ao ano 2017. BDNS (Identif.): 330653.
Finalidade, obxecto e ámbito de aplicación.
A presente resolución ten por obxecto a regulación das axudas ao teatro e ao circo en réxime de concorrencia competitiva do INAEM, no marco das competencias deste organismo e de acordo cos obxectivos que ten encomendados en orde á preservación do patrimonio cultural teatral e circense e á súa difusión no ámbito do territorio do Estado e fóra das súas fronteiras, favorecendo especialmente a comunicación entre as distintas Comunidades Autónomas, a igualdade de todos os cidadáns no acceso aos servizos culturais e a creación e consolidación de novos públicos.
As axudas concederanse de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación e mediante o procedemento de concorrencia competitiva, para actividades desenvolvidas entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017, nas modalidades que se relacionan no apartado cuarto da presente resolución e conforme á normativa vixente en materia de subvencións públicas.
A concesión das axudas reguladas na presente convocatoria é incompatible coa percepción polos mesmos beneficiarios, ou para os mesmos proxectos, de subvencións nominativas do INAEM consignadas no mesmo capítulo do programa orzamentario 18.107.335B ("Teatro"), correspondente ao exercicio 2017. Non obstante o anterior, dita incompatibilidade non se aplicará a aqueles beneficiarios ou proxectos presentados nas modalidades B1 e C2.
As funcións concretas de teatro e circo acollidas ao Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espazos das Entidades Locais -PLATEA -, non poderán contar con subvención do INAEM a través da presente convocatoria.
Beneficiarios.
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que cumpran os requisitos establecidos nesta resolución para cada modalidade de axuda.
Os solicitantes deberán ter establecemento permanente en calquera dos Estados da Unión Europea e demais Estados do Espazo Económico Europeo, con plena igualdade de trato.
Quedan excluídos aqueles solicitantes que teñan a súa residencia fiscal en países e territorios considerados paraísos fiscais no Real Decreto 1080/1991, do 5 de xullo.
Así mesmo, poderán solicitar axuda as persoas, entidades e agrupacións indicadas no artigo 2.2 da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro.
Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en quen concorra algunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións (en diante, LGS), nin as agrupacións previstas no artigo 2.2 b) da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos membros.
En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non acharse incursos nestas circunstancias.
Modalidades de axuda
As modalidades de axuda que se convocan, incluídas nos distintos programas de actuación do INAEM neste ámbito, son as enumeradas a continuación:
A. Programa de difusión do teatro e o circo no ámbito nacional:
A1.1. Apoio ás xiras teatrais polo territorio nacional.
A1.2. Apoio ás xiras polo territorio nacional de proxectos de nova creación teatral e circense.
A1.3. Apoio ás xiras polo territorio nacional de proxectos teatrais e circenses interautonómicos.
A2. Apoio a programacións de ámbito nacional en salas privadas de teatro e circo.
A3. Concertacións bienales 2017-2018.
B. Programa de difusión do teatro e o circo no ámbito internacional:
B1. Apoio ás xiras teatrais polo estranxeiro.
B2. Apoio ás producións teatrais e circenses no estranxeiro.
C. Programa de difusión do circo:
C1. Apoio ás xiras circenses polo territorio nacional.
C2. Apoio ás xiras circenses polo estranxeiro.
D. Programa de apoio á comunicación teatral e circense:
D1. Axudas á realización de festivais, feiras, mostras, circuítos e outros eventos teatrais.
Poderán concorrer nesta modalidade corporacións locais e entidades sen fins de lucro organizadoras de festivais, mostras, feiras, circuítos, ciclos, laboratorios de creación e outros eventos teatrais que teñan ámbito, relevancia ou difusión nacional ou internacional en virtude do volume, calidade e impacto social e artístico da súa programación. Non se admitirán tempadas teatrais.
O proxecto obxecto de subvención estará constituído polas funcións de compañías, no caso de eventos de exhibición, ou de participantes, no caso doutros eventos teatrais, procedentes de polo menos tres Comunidades Autónomas distintas daquela na que se celebre a actividade proxectada. Sen prexuízo do anterior, e só a efectos de valoración, o proxecto tamén poderá incluír funcións ou actividades de compañías ou participantes internacionais. As compañías ou participantes da propia Comunidade Autónoma en ningún caso poderán formar parte do proxecto bxecto
de subvención.
Se a actividade realízase fóra de España, a parte subvencionable do proxecto consistirá na programación de funcións ou actividades de compañías ou participantes españois procedentes de polo menos dúas Comunidades Autónomas.
No suposto de festivais, mostras, certames ou congresos de carácter multidisciplinar que conteñan actividades e participantes de distintos sectores do ámbito de actuación do INAEM (danza, lírica, música, teatro e circo), debe formalizarse unha única solicitude por aquela convocatoria e modalidade do sector que predomine na programación. Solicitarase a axuda para a totalidade da actividade e os requisitos de programación valoraranse no seu conxunto.
D2. Axudas á realización de festivais, feiras, mostras, circuítos e outros eventos circenses.
Poderán concorrer nesta modalidade empresas circenses privadas, corporacións locais e entidades sen fins de lucro organizadoras de festivais, mostras, feiras, circuítos, ciclos, laboratorios de creación e outros eventos circenses que teñan ámbito, relevancia ou difusión nacional ou internacional en virtude do volume, calidade e impacto social e artístico da súa programación. Non se admitirán tempadas circenses.
O proxecto obxecto de subvención estará constituído polas funcións de compañías, no caso de eventos de exhibición, ou de participantes, no caso doutros eventos circenses, procedentes de polo menos tres Comunidades Autónomas distintas daquela na que se celebre a actividade proxectada. Sen prexuízo do anterior, e só a efectos de valoración, o proxecto tamén poderá incluír funcións ou actividades de compañías ou participantes internacionais. As compañías ou participantes da propia Comunidade Autónoma en ningún caso poderán formar parte do proxecto obxecto de subvención.
Se a actividade realízase fóra de España, a parte subvencionable do proxecto consistirá na programación de funcións de compañías ou participantes españois procedentes de polo menos dúas Comunidades Autónomas.
No suposto de festivais, mostras, certames ou congresos de carácter multidisciplinar que conteñan actividades e participantes de distintos sectores do ámbito de actuación do INAEM (danza, lírica, música, teatro e circo), debe formalizarse unha única solicitude por aquela convocatoria e modalidade do sector que predomine na programación. Solicitarase a axuda para a totalidade da actividade e os requisitos de programación valoraranse no seu conxunto.
D3. Axudas ás asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal e proxección internacional para actividades teatrais e circenses.
E. Programa de axudas complementarias.
E1. Axudas complementarias á comunicación nos ámbitos teatral e circense coas Comunidades Autónomas insulares e Cidades de Ceuta e Melilla.
E2. Axudas complementarias á sobretitulación de espectáculos e á utilización de equipos audiovisuais para a accesibilidade de persoas con discapacidade.
Contía.
O importe total máximo imputable da convocatoria será de 6.266.446,40 euros.
En ningún caso a axuda concedida poderá superar o 65 por cento do custo total estimado do proxecto. A contía máxima individual das axudas non poderá superar as seguintes cantidades:
Modalidades Contía máxima individual (€)
A1.1, A1.2 45.000
A1.3 115.000
A3 250.000 (125.000/ano)
A2, B2 30.000
B1, C2 40.000
C1, D1, D2 65.000
D3 80.000
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Resolución Convocatoria axudas ao teatro e ao circo 2017. INAEM. | 291.28 KB |
BOE Nº. 28 - EXTRACTO - Axudas ao teatro e ao circo 2017. | 172.85 KB |
BOE Nº. 115 - NOVO PRAZO SOLICITUDE. | 165.77 KB |