Axudas ao teatro e ao circo correspondentes ao ano 2025. Prazo: 19-03-2025

Data: 

xoves, 27 Febreiro, 2025 (Todo o día) a mércores, 19 Marzo, 2025 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura

Extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2025 do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música pola que se convocan axudas ao teatro e ao circo correspondentes ao ano 2025.

BDNS (Identif.): 816671

Obxecto e finalidade

Axudas ao teatro e ao circo en réxime de concorrencia competitiva do INAEM, no marco das competencias deste organismo e de acordo cos obxectivos que ten encomendados en orde á preservación do patrimonio cultural teatral e circense e á súa difusión no ámbito do territorio do Estado e fóra das súas fronteiras, favorecendo especialmente a comunicación entre as distintas Comunidades Autónomas, a igualdade de toda a cidadanía no acceso aos servizos culturais e a creación e consolidación de novos públicos.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que cumpran os requisitos establecidos nesta resolución para cada modalidade de axuda. As persoas ou entidades solicitantes deberán ter establecemento permanente en calquera dos Estados da Unión Europea e demais Estados do Espazo Económico Europeo, con plena igualdade de trato. Quedan excluídos aquelas persoas ou entidades solicitantes que teñan a súa residencia fiscal en países e territorios considerados paraísos fiscais no Real Decreto 1080/1991, do 5 de xullo. Así mesmo, poderán solicitar axudas as persoas, entidades e agrupacións indicadas no artigo 2.2 da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos (BOE Nº. 275, publicado con data 13 de novembro de 2010).

Modalidades de axuda

A. Programa de axudas a xiras nacionais e internacionais:

A1. Axudas ás xiras teatrais polo territorio nacional.

A2. Axudas ás xiras de teatro e circo para a infancia e a mocidade polo territorio nacional.

A3. Axudas ás xiras de teatro e circo de rúa polo territorio nacional.

A4. Axudas ás xiras circenses polo territorio nacional.

A5. Axudas ás xiras teatrais polo estranxeiro.

A6. Axudas ás xiras circenses polo estranxeiro.

A7. Axudas ás xiras de coproducións teatrais e circenses interautonómicas.

A8. Axudas ás producións teatrais e circenses no estranxeiro.

A9. Axudas ás concertacións bienais teatrais.

B. Programa de axudas a programacións, residencias e proxectos escénicos estables no territorio nacional:

B1. Axudas a programacións anuais de ámbito nacional en espazos escénicos de titularidade privada no territorio nacional.

B2. Axudas ás residencias artísticas teatrais e circenses no territorio nacional.

B3. Axudas a proxectos teatrais e circenses estables de creación, exhibición, investigación e formación no territorio nacional.

C. Programa de axudas a festivais, feiras, mostras, ciclos, certames, xornadas profesionais e congresos teatrais e circenses:

C1. Axudas á realización de festivais, feiras, mostras e ciclos teatrais.

C2. Axudas á realización de festivais, feiras, mostras e ciclos circenses.

C3. Axudas á realización de certames, xornadas profesionais e congresos teatrais e circenses.

D. Programa de axudas á realización de circuítos de teatro e circo:

D1. Axudas á realización de circuítos de teatro e circo.

E. Programa de axudas ás asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal e proxección nacional e internacional para actividades teatrais e circenses:

E1. Axudas ás asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal e proxección nacional e internacional para actividades teatrais e circenses.

F. Programa de axudas ás infraestruturas de circo itinerante:

F1. Axudas ás infraestruturas de circo itinerante.

Contía

O importe total máximo imputable da convocatoria será de 10.096.138,00 euros.

En ningún caso a axuda concedida poderá superar o 65 por cento do custo total estimado do proxecto presentado para a obtención da subvención, coa condición das entidades que soliciten axuda para a realización de circuítos de teatro e circo (modalidade D1) e as asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal e proxección internacional para actividades teatrais e circenses (modalidade E1), casos nos que a contía máxima non poderá superar o 80 por cento.

A contía máxima individual das axudas non poderá superar as seguintes cantidades:

A1, A2 e A3: 70.000 euros

A4: 100.000 euros

A5 e A6: 70.000 euros

A7: 200.000 euros

A8: 55.000 euros

A9: 250.000 euros

B1: 55.000 euros

B2: 40.000 euros

B3: 210.000 euros

C1 e C2: 110.000 euros

C3: 55.000 euros

D1: 200.000 euros

E1: 140.000 euros

F1: 40.000 euros

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 816671): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/816671

-Na Dirección Xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM).

Descargas: