AXUDAS CORRESPONDENTES AO PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2017-2018. PRAZO: 30-06-2017.

Data: 

xoves, 1 Xuño, 2017 (Todo o día) a venres, 30 Xuño, 2017 (Todo o día)

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2017 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018. BDNS(Identif.): 347875.

Obxecto

Estas normas teñen por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018.

As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR701E.

Beneficiarios

Todos os concellos de Galicia.

Financiamento

A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 15.998.687 €, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 2017-13-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por anualidades:

2017: 7.999.343,50 €.

2018: 7.999.343,50 €.

O importe global da convocatoria distribúese entre todos os beneficiarios en aplicación dos criterios establecidos no anexo II da Resolución do 18 de maio de 2017, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018.

A aplicación dos citados criterios determina o importe máximo de axuda que pode corresponder a cada un dos beneficiarios.

Actuacións subvencionables

1. Son subvencionables as actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais nos seguintes termos:

a) Ampliación: as que supoñan un incremento da largura que incidan na mellora da seguranza viaria, permitan o cruzamento de vehículos ou sobrelargos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.

b) Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, de reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

c) Mantemento: tanto do firme existente como das súas marxes (limpeza e perfilación de noiros e cunetas), reforzos dos terrapléns.

Prazo

O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Descargas: 

galer_a_fotos