Axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública. Prazo: 20-09-2024

Data: 

mércores, 21 Agosto, 2024 (Todo o día) a venres, 20 Setembro, 2024 (Todo o día)

 

Consellería de Política Social e Igualdade

Orde do 9 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

BDNS (Identif.): 651580.

Obxecto e finalidade

A presente orde ten por obxecto establecer o reaxuste das anualidades e a ampliación do compromiso económico ao exercicio 2025. Tamén inclúe a revisión das contías e o prazo de execución e de xustificación das actuacións. Como consecuencia diso, procédese á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Entidades beneficiarias 

Ao abeiro desta modificación, as persoas beneficiarias son as entidades previstas na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Contía da axuda

1. A contía máxima da axuda por praza queda establecida de acordo coa seguinte táboa:

  Anualidade 2022 Anualidade 2023 Anualidade 2024 Anualidade 2025
Custo praza creación 6.185,35 € 6.185,35 € 6.185,35 € 6.185,35 €
Custo praza mantemento 3.029,73 € 4.503,42 € 1.500,00 € 2.483,20 €

2. A contía de mantemento aboarase proporcionalmente desde a data en que a escola infantil 0-3 obteña o permiso de inicio de actividades ou desde a súa correspondente modificación».

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As novas solicitudes presentadas tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 651580): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Conselleira de Política Social e Igualdade.

Descargas: