Data:
Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente
Extracto da Resolución 29 de xaneiro de 2018 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos do Programa Emprega Verde, cofinanciado polo Fondo Social Europeo en 2018. BDNS(Identif.):384453.
Obxecto
Apoio a proxectos que fomenten a creación de emprego e empresas e o impulso do emprendemento, a innovación social e o intercambio de experiencias no marco dunha economía verde e azul.
Beneficiarios
Aquelas persoas xurídicas públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e debidamente inscritas no rexistro correspondente, con personalidade xurídica propia e que teñan sede en España.
Bases reguladoras
Resolución do 21 de decembro de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras da concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos do Programa empleaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo ( FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020 (anexo II). BOE núm. 21, do 24 de xaneiro de 2018.
Dotación
A dotación máxima global da convocatoria é de ata 8.965.000€. O importe mínimo solicitado por proxecto será de 100.000 € e o máximo de 300.000€.
Prazo
O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria ata as 14:00 h do día 30 de abril de 2018, nos termos e condicións especificados nas Bases Reguladoras.
Máis Información
O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es