Data:
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100B).
BDNS (Identif.): 854045.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos derivados das actuacións que se leven a cabo para a reposición ou reparación das infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera, como consecuencia dos incendios durante o verán de 2025 en Galicia (código de procedemento MT100B).
As axudas outorgaranse de forma directa (e non competitiva) por mor do interese público, social e humanitario derivado das circunstancias excepcionais que concorren neste caso, estando en todo caso a concesión subordinada á existencia de crédito adecuado e suficiente.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das subvencións convocadas os titulares de infraestruturas de uso público e de interpretación do medio natural que fosen afectados pola vaga de incendios en Galicia durante o verán de 2025:
a) Concellos.
b) Montes veciñas de man común.
Contía
As axudas se concederanse con cargo ao crédito consignado nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. A determinación do importe total das axudas se efectuará unha vez que sexan resoltas as solicitudes presentadas atendendo ao carácter extraordinario das mesmas e a súa natureza de concesión directa e non competitiva.
Establécense as seguintes contías do investimento subvencionable para cada un dos beneficiarios:
a) A axuda económica para concellos, cun límite máximo subvencionable de 40.000 euros.
b) A axuda económica para montes veciñais, cun límite máximo subvencionable de 20.000 euros.
En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.
Gastos subvencionables
1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas:
a) A reposición ou reparación de elementos estruturais de sendas e rutas sinalizadas, incluíndo sinalización, miradoiros, varandas de madeira e tramos de pasarelas de madeira.
b) A reposición ou reparación das infraestruturas e instalacións de interpretación do medio natural, incluíndo carteis e outras instalacións de interpretación do medio natural.
c) A reposición ou reparación de elementos de áreas recreativas no medio natural.
2. As axudas desta convocatoria aplicaranse ás actuacións recollidas no punto anterior que se desenvolvan no ámbito territorial da Rede galega de espazos protexidos, nas inmediacións das parroquias con espazos situados dentro da Rede galega de espazos protexidos e das reservas da biosfera afectados polos incendios durante o verán de 2025 en Galicia.
3. A entidade solicitante deberá ser titular das infraestruturas de uso público e de interpretación do medio natural sobre as que se pretenden realizar as actuacións obxecto de subvención.
4. Non será obxecto de subvención o imposto sobre o valor engadido (IVE).
NOVO Prazo de presentación de solicitudes (DOG. Nº. 188 - AMPLIACIÓN PRAZO SOLICITUDE):
Disposición adicional quinta. Ampliación dos prazos de presentación de solicitudes
1. Amplíanse ata o 30 de outubro de 2025 os prazos de presentación de solicitudes das axudas para a reparación dos danos causados polos incendios forestais, previstas nos seguintes preceptos:
c) No artigo 6.4 da Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100B).
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 854045): http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/854045
-Na Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
-As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Sede Electrónica