AXUDAS DESTINADAS AO FOMENTO DA PREVENCIÓN, REUTILIZACIÓN E RECOLLIDA EN PROXIMIDADE DE RESIDUOS MUNICIPAIS, COFINANCIADAS POLO PROGRAMA DE ECONOMÍA CIRCULAR E O PLAN DE IMPULSO AO AMBIENTE-PIMA RESIDUOS. PRAZO: 21-07-2022

Data: 

mércores, 22 Xuño, 2022 (Todo o día) a xoves, 21 Xullo, 2022 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975N). BDNS (Identif.): 634478.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención e a reutilización, e a recollida de residuos especiais de competencia municipal en puntos de proximidade (código de procedemento MT975N), ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para os anos 2022 e 2023.

Son liñas subvencionables as seguintes:

• Liña 1. Actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación.

• Liña 2. Actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos. Se a entidade ten as competencias en materia de xestión de residuos delegadas noutra entidade, será esta última a que poderá solicitar estas axudas.

Contía

1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo ao Programa de economía circular e o Plan de impulso ao medio ambiente-PIMA residuos, financiado con transferencias finalistas do Estado, segundo se indica a seguir:

a) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1, códigos de proxecto:

• 2022 00045: Programa de implementación da economía circular: 75.944,00 €.

• 2022 00033: PIMA Residuos: 121.765,00 €.

Correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, por un importe total de cento noventa e sete mil setecentos nove euros (197.709,00 €), procedentes do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, financiado con transferencias finalistas do Estado, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación: 121.765,00 €.

2º Importe para a liña 2. Actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos: 75.944,00 €.

b) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1, códigos de proxecto:

• 2022 00045: Programa de implementación da economía circular: 25.314,00 €.

• 2022 00033: PIMA residuos: 40.590,00 €.

Correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, por un importe total de sesenta e cinco mil novecentos catro euros (65.904,00 €), procedentes do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, financiado con transferencias finalistas do Estado, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación: 40.590,00 €.

2º. Importe para a liña 2. Actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos: 25.314,00 €.

2. O crédito máximo establecido nas liñas 1 e 2 da subvención poderá ser redistribuído dunha a outra se nalgunha delas as solicitudes beneficiarias non resultan suficientes para esgotar os fondos dispoñibles.

3. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo total do proxecto e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), cos seguintes importes máximos de subvención:

a) Liña 1. Actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación: o importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 20.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local en 5.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 30.000 €.

b) Liña 2. Actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 10.000 € por entidade. En caso de agrupación, o importe poderase incrementar a razón de 10.000 € máis por cada entidade que forme parte da agrupación, ata un máximo de 30.000 €.

4. De acordo co previsto no artigo 26.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a modificación da distribución inicialmente aprobada requirirá a tramitación do correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 634478): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Na Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

Descargas: